Candidatura 2023

1Foi aprendiz de ASTANO e logo en 1987, como moitos máis, expulsado do sector naval.

Con 25 anos montou a Asesoría Perlío, negocio que dirixe na actualidade, é Graduado Social e Licenciado en Ciencias do Traballo.

Alcalde de Fene

 

 

 

2

Compañeira na candidatura desde que Juventino comezou esta andaina e a que máis vive o labor de servizo ao pobo, nas alegrías e nas preocupacións, que son moitas. É veciña de San Valentín e educadora infantil. Actualmente concelleira de persoal, de seguridade e, no último ano, tamén de servizos.

 

 

 

 

 

13Veciño de Perlío e actualmente concelleiro de facenda e urbanismo. Licenciado en Educación Física, traballa como técnico de deportes na administración local desde 1997. Ademais, compaxina o seu traballo e o seu labor político coa súa paixón, o atletismo, que practica con grande éxito e do que tamén é entrenador no club de Narón.

 

 

 

 

 

16Outra das concelleiras que entraron hai 4 anos e revolucionaron o grupo municipal e o Concello. Ángeles Coira (Peque) é a actual concelleira de promoción económica, foi antes concelleira de ensino e non para de traballar. Ademais, canta no grupo vocal Entrelas e apúntase a un bombardeo! É graduada social e vive en Perlío.

 

 

 

 

 

17É o actual concelleiro de cultura, obras e medio ambiente e foi antes de urbanismo. Unha persoa con formación en varios eidos (arquitectura técnica e deportes) e gran capacidade de traballo. Implicado en varias actividades sociais e deportivas, traballa como perito de seguros na zona de Ferrolterra. É de Fene e con raigame familiar en Limodre.

 

 

 

 

 

18

Unha muller que comezou de concelleira hai catro anos e se revelou como un valor imprescindible para nós. Cristina García nunca falla e a súa valía quedou máis que demostrada neste último ano como concelleira de formación e emprego e de deportes. Traballadora do servizo de axuda no fogar tamén é delegada sindical e vive en Fene.

 

 

 

 

19

Nova incorporación, un rapaz do Sartego que vive agora en San Valentín. É técnico superior de sistemas de telecomunicacións e informáticos e traballa no taller de turbinas de Navantia. É afeccionado ao deporte e foi monitor de karate na escola municipal. Un luxo telo neste equipo.

 

 

 

 

 

20

Unha rapaza de San Valentín que traballa como terapeuta ocupacional en COGAMI e que, a pesar da súa xuventude, ten ampla experiencia no traballo con persoas con demencia e con discapacidade intelectual. Ademais, está na xunta directiva do CPS.

 

 

 

 

 

21

De Perlío, con raíces en Barallobre, traballa como subinspector de seguridade na Capitanía Marítima de Ferrol. É técnico superior de sistemas de regulación e control automáticos e enxeñeiro técnico naval.

 

 

 

 

 

22

Outra das novas incorporacións; veciña de Fene, traballa como técnica de edificación nunha empresa construtora da comarca e, ademais, é presidenta da Anpa do IES de Fene.

 

 

 

 

 

3

Veciño de Sillobre, xubilado e unha das persoas máis activas do municipio. Foi directivo da sociedade Agarimo e tamén da asociación de veciños, e sempre se apunta ao que faga falta.

 

 

 

 

 

 

4

De Barallobre e responsable local do BNG de Fene. Unha muller todoterreo, traballadora do servizo de limpeza do Concello agora xubilada, membro da directiva da Liga de Amigos de Barallobre, loitadora e comprometida.

 

 

 

 

 

5

Mesmo toca a gaita que o saxo, a zanfona, o ukelele ou o que lle poñan diante. Un músico de Perlío membro dos grupos Encrucillada, Trikitrí e a Charanga Galiza Sound Machine, que amenizará estes días o concurso de tapas. Ademais, traballa como persoal de servizos xerais da rede galega de escolas infantís.

 

 

 

 

 

6

De Maniños de toda a vida aínda que leva uns anos vivindo en Lubián. É administrativa da Xunta de Galicia e xornalista de formación.

 

 

 

 

 

 

7

Outro artista, pero esta vez do eido da pintura. É un privilexio contar nesta ocasión con el; autónomo, pintor artístico de cadros e murais e natural da parroquia de Fene. As súas obras son as que mellor o definen!

 

 

 

 

 

8

Veciña de Perlío e mestra de pedagoxía terapéutica no Centro de Educación Especial Terra de Ferrol. A súa experiencia no sector do ensino e o seu activismo social son imprescindibles no noso equipo.

 

 

 

 

 

 

9

Outro dos artistas da nosa lista. O broche de ouro pono Miguel Doval, director da banda de gaitas Airiños de Fene e do Tradicoro. Un músico que traballa arreo pola promoción das nosas tradicións, que vive en Barallobre e que traballa tamén como axente de seguros.

 

 

 

 

 

10

Ata hai pouco mestra do Colexio Os Casais e agora xubilada, comprometida co BNG desde hai moitos anos, é veciña de San Valentín.

 

 

 

 

 

 

11

Foi biólogo da Confraría de Barallobre durante 15 anos e agora traballa na inspección ambiental da Consellería de Medio Ambiente.

 

 

 

 

 

 

12

Vive en Maniños e é traballadora de axuda no fogar no Concello de Fene.

 

 

 

 

 

 

 

14

Veciño de Magalofes, xubilado e dedicado ultimamente ao cultivo ecolóxico na súa casa

 

 

 

 

 

 

 

15

Presidente de Airiños de Fene, xubilado de Astano e veciño de San Valentín.