O BNG de Fene inaugura esta nova páxina web lembrando a memoria de Pancho Allegue
Pancho Allegue na memoria e no traballo do BNG de Fene
04 de setembro de 2019 (03:00 h.)
O BNG de Fene inaugura esta nova páxina web lembrando a memoria de Pancho Allegue, coincidindo co 14º cabodano da súa morte repentina o 4 de setembro de 2005.
Pancho fora concelleiro do goberno nacionalista presidido por Xosemaría Rivera Arnoso durante 18 anos, destacando sobre todo pola súa loita sindical no sector naval e pola creación e posta en marcha das escolas obradoiro e talleres ocupacionais no Concello, que foron pioneiros e destacados en toda Galiza.
A súa memoria prevalece en todo o pobo de Fene e, nomeadamente , nos concelleiros e concelleiras que forman parte do actual Grupo Municipal do BNG.