O PP de Fene ataca a unha concelleira do BNG con difamacións e mentiras

undefined

A concelleira Ángeles Coira vén de ser seleccionada para participar como docente no obradoiro de emprego Reinicia VII. Os Concellos de Ares, Mugardos, Fene, Neda e Cabanas asinaron un convenio de colaboración para a súa realización conxunta.

A portavoz do BNG de Fene, Sandra Permui, desminte radicalmente as difamacións do PP en relación á situación laboral da concelleira nacionalista Angeles Coira. A concelleira do BNG atópase en desemprego como moitos millerios de persoas desta comarca, non percibindo dedicación algunha -nin total nin parcial- pola súa labor como edil de Ensino, Deportes e Xuventude. Ela foi convocada pola Oficina de emprego, coma todos os demais,  para presentarse ao posto de docente nos cursos de formación ocupacional Reinicia VII que financia a Consellería de Economía, Emprego e Industria. O proceso selectivo realizouse, suxeito ás bases da Consellería, polos técnicos dos concellos de Fene, Ares e Mugardos. A entidade contratante é o Concello de Ares e tanto o profesorado coma o alumnado foi o remitido pola oficina de emprego de Ferrol e posteriormente baremado e seleccionado conforme ás bases polo tribunal designado polo Alcalde de Ares.

O PP de Fene é o mesmo PP corrupto condenado por corrupción, o mesmo PP que perdeu a alcaldía por un delito penal, hai un ano, do alcalde Gumersindo Galego. O mesmo PP que se saltou o confinamento para ir de bares a concellos limítrofes e visto con estupor pola veciñanza. En Fene non hai nin un concelleiro ou concelleira do PP con lexitimidade para dar leccións de moral cando por acción ou omisión someteron ao Concello de Fene a todo tipo de intereses alleos ao interés xeral. Corruptos, inmorais e indecentes no político e no persoal, “non teñen vergoña e atacan a unha concelleira por estar no desemprego e obter un posto de traballo temporal de docente nun curso cando eles se dedicaron a enchufar a persoas e empresas sen reparo algún.” Afirma a portavoz nacionalista.

O PP de Fene ataca a unha concelleira do BNG con difamacións e mentiras
O PP de Fene ataca a unha concelleira do BNG con difamacións e mentiras